Terça-feira, Outubro 31, 2006

A queimada

Ingredientes:
Bagazo (1 litro)
Un limón
Tres grans de café
Azucre
Un pau de canela

Preparación:

Bota-lo augardente nun pote de queimada (de barro cocido). Engadir unhas cascas de limón, os grans de café e azucre ó gusto (unhas 6-8 culleres de sopa). Remexer ben ata mestura-lo azucre.Nun cazo coller un pouco da augardente e despois de lle prender lume, levar a carón do pote ós poucos, prendendo toda a queimada. Remexer de cando en vez, recitando o conxuro da queimada, agardando uns minutos de xeito que queime case todo o alcol (ata que ó suprar a modiño apague o lume)

Conxuro:

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas,demos, trasnos e diaños,espíritos das neboentas veigas,corvos, píntegas e meigas,feitizos das menciñeiras.Podres cañotos furados,fogar dos vermes e alimarias,lume das Santas Compañas,mal de ollo, negros meigallos,cheiro dos mortos, tronos e raios.Oubeo do can, pregón da morte;fociño do sátiro e pé do coello,pecadora lingua da mala mullercasada cun home vello.Averno de Satán e Belcebú,lume dos cadáveres ardentes,corpos mutilados dos indecentes,peidos dos infernais cus.Muxido da mar embravecida,barriga inútil da muller solteira,falar dos gatos que andan á xaneira,guedella porca da cabra mal parida.Con este fol levantarei as chamas deste lumeque asemella ó do inferno;e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas,índose bañar á praia das areas gordas.¡Oíde!, ¡oíde os ruxidos que danas que on poden deixar de se queimaren no augardenteficando así purificadas!.E cando esta beberaxe baixe polas nosas gorxas,ficaremos ceibes dos males da nosa ialmae de todo embruxamento.Forzas do ar, terra, mar e lume,a vos fago esta chamada:Si é verdade que tendesmais poder que a humana xente,aquí e agora, facede que os espíritos dos amigos que están fora, participen connosco desta queimada.

1 Comments:

Blogger montra said...

Preparei tudo como disseste mas achei que lhe faltava sal... E um pouco mais de louro ou salsa, também não estragava a queimada!
ST

1:25 PM  

Enviar um comentário

<< Home